Apostando pola innovación na administración local

Crear un Centro Nacional de Referencia, Innovación e Servizos Dixitais especializado en impulsar a modernización da administración local vai contribuír a seguir consolidando a área coruñesa como un auténtico polo de innovación

Concurso del proyecto de la Ciudad de las TIC

La alcaldesa de A Coruña, Inés Rey (2i), el rector de la Universidade de A Coruña, Julio Abalde (2d) y el presidente del Clúster TIC, Patricio Arias (i), presentan las bases del concurso del proyecto de la Ciudad de las TIC. EFE/ Cabalar

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

Na Coruña e o seu cinto máis próximo hai hoxe 505 empresas vinculadas ao sector tecnolóxico, facturan 1.100 millóns de euros, case a metade da cifra de tódalas tecnolóxicas galegas xuntas. Ademais, na provincia da Coruña concéntrase o 55% do emprego existente en Galicia vinculado ás novas tecnoloxías.

E A Coruña é a sede tamén de dúas institucións, Concello e Deputación, que por vez primeira se dan a man para que os seus mellores profesionais no ámbito dixital traballen conxuntamente para conseguir a plena transformación dixital da administración local.

Aínda queda un largo camiño por percorrer para lograr unha transformación dixital real. Quedan numerosos problemas por superar, como a fenda dixital

Nos últimos anos fóronse sentando as bases da dixitalización da administración local, todas as entidades teñen feito cambios e esforzos para empregar a tecnoloxía no seu funcionamento interno e nas súas relacións coa cidadanía. Con todo, aínda queda un largo camiño por percorrer para lograr unha transformación dixital real. Quedan numerosos problemas por superar como a fenda dixital, a formación dos empregados ou a interoperabilidade entre administracións, así como a capacidade de dar resposta aos novos retos como a incorporación da intelixencia artificial.

A decisión da alcaldesa da Coruña, Inés Rey e do presidente da Deputación, Valentín Formoso, de unir esforzos para crear un Centro Nacional de Referencia, Innovación e Servizos Dixitais especializado en impulsar a transformación e modernización da administración local vai contribuír a seguir consolidando a área coruñesa como un auténtico polo de innovación.

O Centro Nacional de Referencia, Innovación e Servizos Dixitais nace coa vocación de integrarse na Cidade das TIC

A creación deste centro que nace coa vocación de integrarse na Cidade das TIC suporá por unha banda unha mellora no servizo que as administracións locais prestan aos cidadáns, e por outra fomentará a creación dun ecosistema TIC ao seu redor onde será posible acelerar as iniciativas tecnolóxicas de información e comunicación para mellorar os servizos aos cidadáns, así como fomentar nos cidadáns a capacitación en tecnoloxías e no uso seguro das mesmas.

En definitiva, un novo paso na modernización e mellora da eficacia do servizo máis próximo aos cidadáns que debe estar a altura da confianza que os cidadáns depositan na administración que está no día a día dos seus problemas e preocupacións, o seu concello.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp