Axudas e incentivos para a recuperación

"Ninguén cuestiona que o goberno galego aplique as medidas sanitarias que sexan necesarias para garantir a saúde da poboación. O que sí se cuestiona é que esas medidas non veñan acompañadas de recursos económicos"

El mobiliario de la terraza de un bar amontonado en una de las esquinas de la plaza María Pita, con la sede del concello de A Coruña. EFE/ Cabalar

El mobiliario de la terraza de un bar amontonado en una de las esquinas de la plaza María Pita, con la sede del concello de A Coruña. EFE/ Cabalar

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

Cando Feijóo reclamaba en maio de 2020 a devolución das competencias ás comunidades autónomas asumidas polo mando único do Estado dende a aparición da Covid-19 porque, ao seu xuízo, eran as que podían dar unha resposta máis áxil, parece evidente que estaba pensando só na capacidade de establecer limitacións e restricións.

Dende o Concello da Coruña, sempre mantivemos o máximo respecto ás decisións tomadas polos comités clínicos apoiando todas as iniciativas necesarias para garantir a saúde dos cidadáns, pero o que non fixemos foi quedarnos parados sabendo que as consecuencias da crise sanitaria para a actividade económica da cidade serían nefastas.

Tivo que pasar case un ano para a Xunta decidise poñer en marcha unha campaña de incentivos ao comercio local

O Goberno da Coruña actuou coa máxima xenerosidade e lealdade non dubidando en destinar fondos propios para suplir a inacción absoluta da Xunta en materias da súa competencia. Puxemos en marcha un ambicioso plan de recuperación económica e social que, ademais de dar axudas directas aos autónomos e pequenas empresas, desenvolveu unha campaña de dinamización do consumo no comercio local que conseguiu mobilizar 3,6 millóns de euros en vendas no comercio de proximidade a través dos Bonos PRESCO. Tivo que pasar case un ano para que a Xunta decidise, a semana pasada, poñer en marcha unha campaña de incentivos ao comercio local baseada no funcionamento dos nosos Bonos.

Ninguén cuestiona que o goberno galego aplique as medidas sanitarias que sexan necesarias para garantir a saúde da poboación o que sí se cuestiona é que esas medidas non veñan acompañadas de recursos económicos. Cada decisión que implique perda económica (peches, limitacións á mobilidade, restricións horarias ou de aforos) debería acompañarse cunha axuda que permita paliar as consecuencias económicas que se derivan desas decisións. Axudas en tempo real á hora de tomar as medidas que permitan subsistir aos afectados e que incentiven a recuperación dos sectores mais tocados.

A factura Covid do Concello da Coruña prestando servizos que non lle correspondían supera os 20 millóns de euros

É á Xunta a quen corresponde poñer os medios necesarios para a recuperación pero tamén para garantir que os concellos poidan seguir prestando servizos en condicións. Non podemos comparar no económico unha institución como un concello, mesmo o da Coruña, que conta con 260 millóns de euros de orzamento, coa da Xunta, que dispón de 11.500 millóns de euros. A factura Covid do Concello da Coruña prestando servizos que non lle correspondían supera os 20 millóns de euros sen que teñamos recibido nin un so euro da Xunta. Nós xa fomos moito máis alá das nosas competencias, xa é hora de que a Xunta asuma as súas responsabilidades.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp