Quen asume a factura Covid dos Concellos?

O Concello da Coruña terá destinado máis de 40 millóns de euros á facer fronte ao Covid, factura que lle correspondería pagar á Xunta na súa totalidade

Presco

Solicitud de los bonos comercio del Concello da Coruña

Todos somos conscientes de que a crise económica derivada da pandemia afectou especialmente aos autónomos, pequenas e medianas empresas, hostaleiros e comerciantes que se viron obrigados a cesar ou a reducir as súas actividades como consecuencia das restricións sanitarias. Mais non temos tan presente como afectou esta crise a moitas administracións locais. Non só porque ingresaron menos pola redución de taxas e tributos senón porque moitos concellos destinaron unha parte relevante dos seus orzamentos a facer fronte ás necesidades sociais e económicas derivadas da situación sanitaria.

E o fixeron case en solitario porque a administración con competencias no ámbito social e económico, a Xunta de Galicia, co maior orzamento da súa historia, non lles ingresou nin un só euro no ano e medio que levamos sufrindo esta situación, como si fixeron outras administracións como a Deputación da Coruña.

Somos conscientes de como a crise da pandemia afectou aos autónomos, mais non temos tan presente como afectou esta crise a moitas administracións locais

Unha Xunta que contou, grazas ás aportacións do Estado para facer fronte á pandemia, con 1.500 millóns de euros máis que o ano anterior, seis veces máis que o presuposto do Concello da Coruña.

A Coruña foi pioneira en Galicia, e das primeiras cidades de España, en contar o ano pasado cun Plan de Recuperación Económica e Social (PRESCO). Fomos tamén o Concello galego que foi máis lonxe nas súas aportacións económicas, á cabeza de España tamén fóra das grandes cidades.

A Coruña foi pioneira en Galicia, e das primeiras cidades de España, en contar o ano pasado cun Plan de Recuperación Económica e Social (PRESCO)

O PRESCO naceu como axuda indispensable para as persoas máis afectadas polos efectos da pandemia na cidade, axuda necesaria pola ausencia da Xunta, que ata decembro do 2020 renunciou a exercer as súas competencias para activar plans de protección.

O goberno de Inés Rey non dubidou, igual que non dubidou a corporación de xeito unánime, e entre todos aprobamos o maior investimento do mandato: un investimento para axudar ás persoas.

Quen pretenda facer recaer o peso da recuperación económica sobre os concellos, equivócase. As únicas Administracións capaces de soster políticas de subsidios e subvencións que garantan o mantemento do tecido económico son o Estado e as autonomías. O Estado está actuar desde o primeiro momento, a Xunta tardou bastante máis e foi moito menos ambiciosa.

Coa aprobación do novo Plan de Recuperación Económica e Social (PRESCO), coas axudas ás entidades sociais e cos gastos derivados da xestión directa da pandemia, o Concello da Coruña terá destinado máis de 40 millóns de euros á facer fronte ao Covid. 40 millóns de factura que deixa o Covid na Coruña que lle correspondería pagar á Xunta na súa totalidade. A día de hoxe non temos recibido nin un só euro.

José Manuel Lage Tuñas