Un presidente de costas ás cidades

Alfonso Rueda non atopou un oco na súa axenda para recibir aos alcaldes das principais cidades de Galicia despois de dous meses como presidente da Xunta de Galicia

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, durante la rueda de prensa posterior a la reunión semanal del Consello de la Xunta

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

Despois de dous meses como presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda non atopou un oco na súa axenda para recibir aos alcaldes das principais cidades de Galicia. O presidente do goberno galego afirmaba estes días que aproveitara estes primeiros meses de mandato para “centrar e concretar as prioridades de Galicia”. O problema é que as prioridades da comunidade non se poden concretar nin centrar sen escoitar aos alcaldes das cidades nas que se concentra a maior parte da poboación galega. Só nas áreas metropolitanas de A Coruña e de Vigo residen o 30% dos habitantes da comunidade.

Iso si, durante estes dous meses de mandato, non deixou pasar a oportunidade de acusar ao presidente do goberno Pedro Sánchez de falta de lealdade institucional por non telo recibido. Sánchez recibirá a Rueda esta semana mais os alcaldes galegos seguirán esperando.

A celebración do Día de Galicia invitounos a reflexionar sobre a Galicia do futuro que queremos construír, unha Galicia que necesita actualizar e poñer ao día as súas competencias pero que non poderá facelo dende a desconfianza cara as súas grandes cidades.

Unha autonomía que desaproveita o potencial das súas cidades-motor, A Coruña, Vigo ou Santiago que aportan o 30% do PIB da comunidade, non poderá avanzar pola senda da innovación e do progreso. Necesitamos actualizar o noso marco estatutario tal e como reivindicou o noso secretario xeral, Valentín González Formoso para fortalecernos como país e poder estar á vangarda dos dereitos sociais mais é imprescindible que o fagamos tendo en conta a aportación e a capacidade da maior parte da poboación.

Sen esquecer ao rural que precisa hoxe máis que nunca atención e coidado, é fundamental que ao fronte do goberno da Xunta se entenda que o futuro de Galicia non se pode deseñar de costas ás principais cidades galegas.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp