Unha sanidade colapsada

En 2022, trece anos despois dos gobernos do PP, de Feijóo e agora de Rueda, a atención primaria está colapsada en moitas cidades e vilas do noso país

Dos médicos en una imagen de archivo /EFE

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

Calquera galego que pida unha cita co seu médico de cabeceira sabe que pode ter que agardar entre 7 e 14 días para ser visto de forma presencial no seu centro de saúde. Calquera galego que precise unha cita cun especialista sabe que é probable que teña que agardar ata 12 meses para ser atendido por un especialista. E calquera cidadán que precise unha cirurxía sabe que a espera media supera os 77 días.

Datos contrastables e realidades lamentables que sofren cada día os galegos e galegas por moito que dende a Xunta e o PPdeG se empeñen en botarlle a culpa a falta de médicos e ao goberno central.

O orzamento para atención primaria en Galicia baixou un 1,9% entre 2020 e 2021

A realidade é que en 2022, trece anos despois dos gobernos do PP, de Feijóo e agora de Rueda, a atención primaria está colapsada en moitas cidades e vilas do noso país. É certo que hai menos médicos, en 2009 había 9.610 profesionais na atención primaria e en 2022 hai 8.634, exactamente 976 profesionais menos. Ese é o balance e iso tamén explica o que está acontecer na sanidade pública.

Pero é que ademais de que hai menos profesionais, estes están precarizados e sobrecargados en moitos casos, por tanto o problema non é o so a falta de profesionais, o problema é a inexistencia dunhas condicións atractivas para que os sanitarios queiran ocupar determinadas prazas.

E agora, xusto despois dunha pandemia brutal e na que a maioría das comunidades autónomas incrementaron os recursos dedicados a atención primaria de media un 11%, e xusto despois de que o goberno de España transferira a Galicia fondos extraordinarios para mellorar a sanidade, o orzamento para atención primaria en Galicia baixou un 1,9% entre 2020 e 2021. Sendo a comunidade galega a que conseguiu ser unha das comunidades que menos incrementou o seu orzamento sanitario global, apenas un 0,17%.

É un problema de recursos económicos, aínda que o PP trate de negalo, pero sobre todo é un problema de vontade e de compromiso político. De querer apostar por un dos piares do noso sistema de benestar como fixeron e fan os gobernos socialistas ou de seguir poñendo parches, vendo como esmorece a sanidade pública e empuxando aos que teñen recursos a sanidade privada como está a facer o goberno do PP.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp