Inditex subiu cinco posicións nun ano no Future Readiness Index elaborado pola escola de negocios IMD, mentres que o seu rival H&M caeu ata o vixésimo posto.A escola de negocios IMD eloxia a Inditex. A entidade situou á multinacional de Arteixo na terceira posición do Future Readiness Index, subindo cinco postos con respecto ao ranking do ano pasado, permitíndolle subir ao podio. Só as francesas Hermès e LVMH están por diante da española, ocupando o primeiro e o segundo lugar respectivamente, "grazas a unha expansión reflexiva máis que a un crecemento agresivo".